En Verín, o Concello expropiará o solar do Auditorio. As obras, do Plan Hurbem en Vilaza rematarán en abril. E Verín vólcase para conseguir tapóns solidarios para Valeria.
No Carballiño, alumnos do colexio Vila de Arenteiro visitaron as instalacións do punto limpio. Xa queda pouco para que Bañiño de Arcos conte cun aparcamento. Este venres terá lugar a Ruta de Tapas polo Carballiño. E clausurouse o obradoiro de albanekería Carbosam.
Medio rural cede parcelas a concellos da Limia para infraestruturas de interese social. O espazo coworking de Xinzo asesora a 13 proxectos. Un grupo de alumnos do IES Lagoa de Antela disputará a final do Young Busines Talent.
GPS para os burros de Allariz, concretamente para os da Fundación Andrea, de San Salvador dos Penedos. Allariz acollera un mercado de libro vello. E continúan as xornadas para a igualdade.
Celanova suma a súa cuarta dedicación no concello coa edil de Cultura. Ademais, está aberto o prazo de inscrición para o seu segundo coworking.
En deportes, novos éxitos do Club Ciclista Maceda tanto a nivel rexional coma nacional e provincial. A carreira e andaina Pozo do Demo de Verín chega a súa sétima edición. E no Carballiño dispútase a súa quinta media maratón.
Ocio e cultura, axendas, os artículos dos nosos colaboradores e moito máis no número de marzo de Barrios.
Podes consultar todos os contidos no seguinte enlace.