Dous eventos deportivos marcan esta fin de semana no Carballiño. Trátase da V Media Maratón e do IX Rally do Lacón de Coches Clásicos. A proba de atletismo celebrarase o domingo, 19 de marzo, e o rally este sábado.
O IX Rally do Lacón de Coches Clásicos conta con máis de sesenta coches inscritos, a maioría de Galicia pero tamén doutras comunidades como Madrid ou Castela-León. Os coches son do ano 62 en adiante e concentraranse a partir das 9,30 h., na rúa do Paseo. A saída será ás 11,00 h. Cun percorrido de 265 km, os coches pasarán polos concellos da comarca do Carballiño-Ribeiro, como Boborás, Avión, Bearíz, ata A Cañiza. Ás 16,30 h., regreso ao Carballiño, e saída a Cortejada, Cenlle, Melón, San Amaro e Maside. Ás 19,00 h., regreso ao Carballiño. Ás 19,30 h., recorrido nocturno de 30 km. A partir das 20,30 h., concentración na Praza da Veracruz, e posteriormente, cea e entrega de premios.
A V Media Maratón Carballiño conta con trescentas persoas inscritas. Haberá unha proba de 21 km e outra curta de 7 km. A saía en ambos casos será da Avenida do Balneario, ás 10,30 h., do domingo, 19 de marzo. A proba longa serán tres voltas a un circuito de 7 km que discorrerá pola Avenida do Arenteiro ata a ponte de Godás e depois, pola Avenida do Parque, rúa dos Carboeiros e Avenida do Balneario.
Tanto o concelleiro como os directivos dos clubes resaltaron a importancia destas probas que atraen a numerosos visitantes á vila, xa que as persoas inscritas solen traer outras persoas acompañantes, e son probas cun gran número de seguidores.