A Eurocidade Chaves-Verín, xunto os equipos Melicias Team (Portugal) e o ACARD Moto de Campo (Galicia) organizan conxuntamente o primeiro torneo Enduro Eurocidade Chaves-Verín, que terá lugar o domingo 19 de marzo. Así foi acordado mediante convenio de colaboración transfronteirizo asinado hoxe entre as tres partes implicadas na sede da Eurocidade Chaves-Verín.
Durante o acto, ao que asistiron Gerardo Seoane, alcalde do Concello de Verín e concelleiro de Deportes; membros dos Clubs Melicias Team (Portugal) e ACARD Moto de Campo (Galicia) e Carlos Penas, vicepresidente da Cámara de Chaves e vereador de Deportes, presentouse o torneo.
A proba, que sairá da Sede da Eurocidade en Feces, terá lugar o domingo día 19 de Marzo de 2017. A hora aproximada de inicio da carreira será as 11:00 da mañá, e o remate será entorno as 17:30 horas en Chaves (ámbalas dúas en horario portugués). O numero aproximado de participantes que se espera é de 300 motos.
O formato de competición esta baseado no enduro, é unha proba a velocidade media imposta que se desenrolará total ou parcialmente por sendeiros, camiños, pistas ou carreteiras abertas á circulación normal na zona raiana da Eurocidade Chaves-Verín. No itinerario incluiranse varias probas cronometradas, organizadas en tramos cerrados o tráfico normal, que serven para o establecemento da clasificación xeneral da proba.
O “ENDURO EUROCIDADE Chaves – Verín 2017” servirá tamén como proba para unha clasificación específica dentro da asociación ACARD Moto de Campo de Galicia chamada “A Liga Galega da Moto de Campo “. Ademais, na parte portuguesa a torneo forma parte do Trofeo Luso-Galalico de Moto de Monte 2017.
Ademáis, a Praza García Barbón de Verín acollerá o día previo o torneo (sábado 16 de marzo), entre as 18 e as 19 horas, unha exhibición de motos participantes, seguida por un percorrido pola vila de Verín.