O prazo para a entrega dos orixinais conclúe o 29 de setembro de 2017.

Afundación, a Xunta de Galicia e o Centro Pen de Galicia convocan o XV Premio de Poesía Afundación

Afundación, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Centro Pen de Galicia convocan a décimo quinta edición do Premio de Poesía Afundación co obxectivo de recoñecer libros de poemas escritos en lingua galega.

As persoas interesadas en participar poderán presentar obras inéditas, que non concorresen a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos, ata o 29 de setembro do presente ano. O xurado cualificador estará constituído por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, e como presidente exercerá o titular do Centro Pen de Galicia, Luís G. Tosar. A súa decisión farase pública a través dos medios de comunicación no último trimestre de 2017. O texto gañador recibirá un único premio de 6000 euros e será publicado, ademais, na colección «Arte de Trobar», editada polo Centro Pen de Galicia e a fundación galega.

 

Pincha para consultar as bases. Aquí.