A portada deste mes é para o centro de saúde da Valenza. A instalación abriu as súas portas este mes.
A outra noticia de portada é a entrevista a dúas das voces autorizadas do deporte feminino na nosa provincia: Bea Seijas e Sonia Pacios, xogadoras dos equipos de Primeira división de fútbol sala, Ourense Envialia e Cidade das Burgas, respectivamente.
E seguindo coas entrevistas, en páxinas interiores levamos tres máis. A entrevista ao novo secretario Xeral da Unión Intercomarcal de CCOO Ourense- Valdeorras, Pedro Barreiros; ao deportista José García Calvo «Willy», que en abril participará por cuarta vez na «Marathon Des Sables» -maratón das areas- e ao grupo de música AcidProyect, que lanza novo disco «Baba Yaga».
O tema do mes nesta ocasión son os problemas do Ateneo. A institución cultural podería chegar a desaparecer. Xa houbo a primeira reunión entre o alcalde de Ourense e o director do Ouff para avanzar na 22ª edición do certame.
A metade dos alumnos da II Lanzadeira de Emprego xa encontraron traballo, cando aínda está no ecuador. A praza da Alameda de Covadonga terá nova imaxe a partir de maio, que será cando rematen as obras de humanización. O especial celebracións fai un percorrido polas últimas novidades en bodas, para que non te esquezas de ningún detalle. Amencer celebreu o seu 30º aniversario. E a Confederación Hidrográfica o Día da Auga.
The Hole, no Auditorio; Juan Magan, na ICC Week; e Albert Pla e Pablo Carbonell (entre outros), na Miteu, pisarán os escenarios de Ourense en abril.
En deportes, a Unión Deportiva Ourense logrou o ascenso á Rexional Preferente. O COB está a cinco partidos de xogar o playoff de ascenso.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace