Cemetery of splendour, A morte do señor Lazarescu e o día máis feliz na vide de Olli Mäki son as propostas para esta fin de semana.
A sección «Luns de Filmoteca» presenta a última película do director tailandés Apichatpong Weerasethakul: Cemetery of splendour.
O director volve a Khon Kaen, o seu pobo natal, e como no seu «macondo» narra con clara perspectiva realista nesta ocasión unha historia con fortes doses de costumbrismo e realismo e cun enfoque máis contemplativo que nas súas anteriores películas.
A chegada dunha enfermeira voluntaria a un improvisado hospital de campaña onde un grupo de soldados sofre unha estraña enfermidade que produce soño, xerará unha situación que mesturará o natural, o espiritual e o artificial, nese recuncho da selva, onde conviven humanos, deusas e animais.
Horarios: 20.30 e 23.00 horas
Entrada: 2 Euros/2.5 Euros (asociados/publico xeral).
O martes 4 chega a nova sesión do terceiro ciclo de cine e medicina do Colexio de Médicos de Ourense. A morte do señor Lazarescu de Cristi Puiu.
Premiada na Sección unha certa mirada do Festival de Cannes de 2005, é un exemplo do naturalismo militante ao que o actual cine rumano tennos afeitos, con acertadas doses de hiperrealismo e montaxe de inspiración documental.
O solitario Sr Remus Dante Lazarescu con 62 anos é evacuado polos seus veciños ao sentirse doente, unha noite na que os hospitais de Bucarest, excedidos polas urxencias e a burocracia, parecen non querer atendelo.
Horario: única sesión ás 19.30 horas
Entrada: 4 euros. bono 6 peliculas, 20 euros.
O día máis felíz na vida de Olli Mäki, terceira película do director finlandés Juho Kuosmanen, gañadora dá Sección unha certa mirada do Festival de Cannes 2016, chega o mércores, 5 de abril.
Unha historia con trasfondo de boxeo, cunha aparencia clásica e cunha fotografía en B/N expectacular, onde o que prima é o proceso de enamoramiento dunha parella, que loita por non verse devorado por un proceso caótico de euforia nacional na preparación para a final do campionato mundial dos pesos pluma.
Horarios: 18.00, 20.30 e 23.00 horas.
Entrada: 4 euros – 5 euros (asociados /publico xeral).