O Concello de Castrelo de Miño organiza a segunda edición do concurso de tapas Castrelosabe baixo o título «Tapeando con autoctónas» para este venres e sábado, 6 e 7 de abril.
Os pinchos serviranse desde ás 13 horas ata as 21 en dous establecementos hostarleiros de Castrelo, a cafetería do Parque Náutico, en Barral, e o Bar Cuco, en Meizo.
O prezo dos pinchos será de dous euros. Tenreira de Cachena envolto en crema de champiñóns e bacon en hoxaldre, para o venres, no Parque Náutico. E o sábado, no Bar Cuco, arepa rechea de lombo de tenreira de Cachena asada con pementos, bacon e salsa.
Sorteo
Os participantes entrarán nun sorteo cun boleto que facilitará cada establecemento no que escollerán o seu petisco favorito.
O día 30, durante o feira de Castrelo, sortearanse varios agasallos e catro gañadores: tres lotes de botellas de viño Ribeiro, xunto cun libro e agasallos publicitarios; varios lotes de viño das adegas de Castrelo; unha noite romántica para dúas persoas, ou ben un circuíto termal no Balneario de Cortegada.