Este venres, 7 de abril, celébrase a penúltima xornada da Ruta das tapas do Carballiño. Os 21 locais ofrecerán unha ampla gama de brochetas.
O evento foi presentado no restaurante Don Paco e contou coa presencia dos concelleiros de Turismo e Cultura, José Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente; do presidente e da xerente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga e Noelia Mares, respectivamente; da xerente da bodega Pazo Tizón, Cristina Mouriño e dunha boa representación dos vinteún locais hostaleiros que forman parte da Ruta das Tapas.
Brocheta de pulpo con puré de garbanzos e zanoria; brocheta de lomo de porco adobado, piña, mazá e salsa oli-oli; brocheta de langostinos con piña e ensalada, e outras modalidades de borchetas poideron degustarse hoxe na presentación desta ruta que está adicada ás brochetas e que é a penúltima xornada desta tempada.
O concelleiro de Turismo, así como a representante do CCA, fixeron fincapé na extraordinaria oferta gastronómica que hai para visitar este venres os locais hostaleiros e participar no concurso de premios final, coa entrega de vales por un valor total de 2.000 euros para gastar no comercio local. Dacal ensalzou o protagonismo dos cociñeiros e cociñeiras, que son o mellor reclamo do Carballiño para atraer visitantes.
Pola súa parte, a representante da bodega Pazo Tizón que patrocina o evento, lembrou a consecución do primeiro premio da cata oficial na última edición de Vinus Terrae, o que supón un novo aliciente para percorrer os mesóns, bares e restaurantes para degustar unha brocheta por 2 euros e acompañala cunha copa de Pazo Tizón.