A Sala Ourense conseguiu o tres puntos nun partido moi controlado na primeira parte e moi descontrolado a segunda.
O partido comeza cuns primeiros minutos de alternativas sen un dono claro do balón e do partido, o equipo local apertaba cunha presión alta moi intensa e os visitantes fieis lle ao seu estilo, alternaban o seu defensa. Á Sala Ourense custoulle entrar no partido, pero mantiña a súa portaría a cero e así transcorreu a primeira parte, que terminou con 0-0 no marcador.
Na segunda parte desatouse a tomenta de goles. A Sala Ourense sae mellor dos vestiarios sobre todo en ataque e o equipo local despois dunha primeira parte con moito despregamento físico parecía un pouco máis canso.
Todo o bo que fixo o Ourense en ataque fíxoo mal en defensa, cuns erros impropios dun equipo da súa calidade, se a isto unímoslle a expulsión do seu goleador Tizón e a lesión do porteiro Rubén nunha xogada que encaixou gol, fixo que se chegase ao final cun marcador moi axustado, que ao final caeu ao lado do equipo ourensán.
Final de tempada na casa
Próximo partido o domingo día 9 ás 12:00h no Pavillón dos Remedios contra o Bueu FS, no que será o último partido en casa desta tempada en Liga.