Este venres o Club Ourense Baloncesto disputan en Cáceres o encontro da 31ª xornada da LEB Ouro. Con 17 vitorias ocupa a sétima posición cando restan catro xornadas para que remate a liga regular.
A pesar de non estar clasificado matemáticamente, o certo é que ten moi ben encamiñada a súa participación. O equipo que marca a non clasificación para o playoff é o Lleida e está a dúas vitorias dos ourensáns (enfrontaranse na penúltima xornada).
Todo apunta que nestas catro xornadas ata o final, catro equipos (COB, Coruña, Palma e Lleida) disputaranse tres postos de promoción e un quedará fóra. O que mellor está posicionado na táboa é o equipo cobista; eso si, empatado a vitorias con Coruña e Palma, pero a dous do citado Lleida.
Cáceres
En caso de vitoria nesta xornada, o horizonte quedaría máis despexado para os homes de Gonzalo García de Vitoria. Unha vitoria deixaría ao equipo con pe e medio no playoff.
O Cáceres, aínda que moi remotas, ten posibilidades de entrar na fase de ascenso. 14 vitorias contemplan a un equipo extremeño que cimentou a súa salvación nos partidos da casa. O equipo de Antonio Bohigas quere apurar as súas opción, pero nesta ocasión non poderá contar co seu capitán, Luis Parejo.