O Cineclube Padre Feijoo volve esta semana con tres novas propostas cinematográficas.
O luns chega Mysterious object at noon, do Apichatpong Weerasethakul. O ata entón novo videoartista, mercé ao apoio do Festival de Cine de Rotterdam puido profundar na súa primeira obra cinematografica coa mestura de xéneros ata concluír na que é unha das súas marcas persoais: o cine como un acto de ensoñación colectiva. Rodado en 16 mm como un inicial proxecto documental sobre as minorías non colonizadas de Tailandia, é un puzzle poético de historias inverosímis e fantasias reais de persoas e personaxes que habitarán xa definitivamente no seu cine.
Poderase ver o luns ás 20:30 ou 23 horas na biblioteca pública de Ourense con entrada a 2,5 euros (2 euros, asociados).
O martes proxectarase o documental Janis, little girl blue, de Amy Berg, dentro do ciclo Primavera musical. A directora Amy Berg, ganadora dun Emmy e nomeada ao Óscar, recorre á cantante Cat Power para que poña voz ás cartas íntimas que Janis Joplin dirixiu á súa familia e amigos relatándolles o seu periplo cara ao éxito dende a sua Texas natal, ata o seu falecemento aos 27 anos en outubro de 1970. Con imaxes de concertos memorables como Monterrey, Woodstock e do Festival Express.
Haberá unha única sesión ás 20:30 horas no Café Cultural El Pueblo; con entrada gratuíta.
O mércores chega outra sesión (a cuarta da Primavera musical) co documental Omega. Omega é o traballo discográfico que nun afastado xa 1996 uniu a Enrique Morente, Lagartija Nick, Leonard Cohen e Federico García Lorca, e que tantos desgustos e éxitos xerou.
O valor está nos temas inéditos, descartes do disco que completan de forma excepcional a historia do mesmo e tamén nas imaxes atopadas nos arquivos do desaparecido Jesús Arias do grupo punk TNT. Unha Andalucía que cambiaba cara á modernidad, e un artista Enrique Morente que abandonando a súa zona de confort foi quen de acabar gravando con creadores como Pat Metheny, Sonic Youth, Chick Corea, ou Ute Lempe.
Na biblioteca ás 18.00 20.30 3 23.00 horas. Entrada 4 e 5 euros (para socios e non asociados, respectivamente).
E o xoves finaliza a Primavera musical no Café Torgal co documental sobre David Bowie Ziggy Stardust and the spiders from mars.
O 3 de xullo de 1973 David Bowie estaba en pleno concerto no londinense Hammersmith Odeon, e nos bises, anunciou a desaparaición do seu alter ego: Ziggy Stardust.
Casualmente aquela noite estaba rodando un realizador estadounidense, D. A. Pennebaker, admirado polo seu documental Don’t look back, onde mostraba ao electrificado Bob Dylan de 1965 percorrendo Europa cal bola de lume. A RCA, discográfica entón de Bowie, encargaralle filmar a primeira media hora do concerto, e aí, empeza outro mito.
Será unha única sesión, ás 20:30 hora, no Café Torgal ata completar aforo.