Na súa portada salientamos que o barrio da Ponte será un ecobarrio no aforro enerxético. Ademais falamos das obras que marchan a bo ritmo da Biblioteca e do Arquivo Provincial. E do concurso de pinchos Sabores de Primavera. Tamén destacamos a Copa de campións xuvenís de fútbol que se celebra no estadio do Couto os días 3 e 6 de maio.
A apertura de xuízo oral do ex delegado da Xunta en Ourense e as novidades sobre o Ateneo son outros dos temas, xunto co expediente de información pública do tramo Eirasvedras-Quintela, que xa foi aprobado e as declaracións de PSOE e OUeC que consideran insuficientes o proxecto de orzamentos do Estado.
700.000 euros para reformar o Polígono de Cooiñás e 2,4 millóns en rehabilitación e vivenda social son achegas da Xunta a Ourense. Ourense en Común pide á Consellería de Sanidade datos do matadoiro. A contorna da estación de autobuses está a sufrirn melloras. Mentres o Concello considera que a débeda cero do Concello está moi preto.
A APP do Concello de Barbadás admite incidencias de calqueira tipo; un bando advirte da limpeza e desbroce de terreos forestais antes do 30 de xuño. A Concellería de Promoción Económica organiza o curso de carretilleiro do 8 ao 12 de maio.
Nestas datas a actividade cultural non para na cidade. Ademais dos Sabores de Primavera está en marcha a 22ª Miteu. O 7 de maio celébrase os Maios coas súas coplas. A ICC Week, o Ociourense e a ampla programación do Auditorio son outras das citas culturais nestas datas.
En deportes, Cidade e Envialia empataron no derbi ourensán da Primeira división de fútbol sala. O COB xoga o último partido da Liga antes de que de comezo os playoffs. E o «Correndo por Ourense» entrou en escena co Luis Iglesias e Iria Fernández como gañadores no barrio do Vinteún.
Artículos de colaboradores, clasificados e moito máis no número de abril do Ourense por Barrios.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace