De categoría xuvenil que se está a xogar no estadio do Couto.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

XXIII Copa de Campións xuvenís. /RAMSÉS.

Xa se coñecen aos finalistas da Copa de Campións xuvenís que se está a disputar no estadio do Couto de Ourense. O Real Madrid e Málaga veranse as caras na final que terá lugar o sábado a partir das 12 horas.

Na primeira semifinal o Málaga -xogaba como local- impúxose ao Celta de Vigo -o facía como visitante- nun partido moi vibrante. Os galegos fixéronse co encontro desde o comezo, en parte debido á apatía dos andaluces nos primeiros compases. O dominio era cada vez maior para os vigueses, incluso no minuto nove perdoaron a máis clara: un penalti que o porteiro Kellyan parou a Alberto. A que non fallou o xogador celtista foi minutos máis tarde cando aproveitou un balón rechazado para rematar, imparable para Kellyan.

Ata o descanso, os malacitanos foronse facendo donos de máis terreo de xogo pero o marcador non se movería máis nestes primeiros 45 minutos.

Nos primeiros intres da segunda metade chegaría unha das xogadas chave do encontro. Nun ataque dos franxiazuis Pedro fai penalti sobre Jony; este ve a segunda amarela e é expulsado. Como na primeira metade, o lanza o mesmo xogador -Jony- e falla. A pesar de que os celestes continuaban por diante a realidade era que tiñan que xogar case todo o segundo tempo cun xogador menos.

O Málaga cada vez chegaba con máis claridade á portaría rival, ata que nunha parede no centro da área, Alberto logra o tanto do empate. A seis minutos da conclusión o Málaga poñeríase por diante por primeira vez no marcador. Unha falta ao borde da área lanzada por Escardo encontra a rede do equipo visitante (2-1).

A pesar de contar cun home menos, os visitantes o tentaron -espoleados polo público de ampla maioría celtista- chegando a recompensa cando o encontro chegaba ao seu fin. Ton lograba o empate (2-2) e a piques estivo de sentenciar se estivera máis acertado nun man a man co porteiro rival.

Antes do final o Celta quedouse cun menos por expulsión de Riki. E nunha falta lateral Escardo volveu a marcar, de falta, para ledicia do cadro dirixido por Dely Valdés. O Málaga era finalista a pesar do gran derroche do Celta.

Real Madrid – Villarreal
Toda a emoción que tivo a primeira semifinal non a tivo a segunda. O Real Madrid logrou un tempraneiro tanto, no minuto tres, o que lle valeu para contemporizar durante todo o encontro. Os madrileños non deron opción aos castellonenses e plantáronse na final sen apenas esforzo.

O Villarreal, equipo ao que lle gusta controlar o balón, non estivo cómodo e os de branco non deixaron construir aos amarelos. Na segunda metade o Villarreal tentou estirarse, porén un segundo tanto dos homes de Guti deixaba sentenciada a eliminatoria. A forte calor non deixou forzas para grandes alardes e o partido remataría sen apenas ocasións (salvo un penalti fallado polo Real Madrid).

Final
Con estes resultados o Málaga e o Real Madrid veranse as caras na final do sábado para saber que equipo se alza coa 23ª Copa de Campións de División de honra xuvenil.