O Concello de Ourense desde hoxe, venres, día 5 de maio, o prazo de inscrición para que mozos e mozas podan participar nas actividades incluídas no segundo bloque do programa “Ociourense Xove 2017”. Esta é unha iniciativa que desenvolven as Concellerías de Sanidade e Xuventude que oferta propostas de lecer para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos durante as fins de semana.
Neste segundo bloque están incluidas as actividades: Piraguismo, Escalada, Camiñar na Noite, Ourengym, Inicio ao Running, Baile Urbano, Defensa persoal, DJ+VISUAIS, Cócteles sen alcol e Foto en Ruta.
As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse na páxina web do programa: www.ociourense.es
Tamén estes días, e ata o 9 de maio, está aberto o prazo de inscrición para participar no primeiro Festival de Novos Talentos Youth Talent, que organizan a Concellería de Xuventude e a Agrupación Queixumes dos Pinos, coa finalidade de proporcionar á mocidade a oportunidade de amosar o seu potencial artístico.
Poderanse inscribir mozos e mozas de 12 a 35 anos, na Concellería de Xuventude e en Queixumes dos Pinos. Participarán os días 13 e 14 de maio nun cásting, no que 3 persoas do ámbito do espectáculo valorarán as súas actuacións de canto, música, danza, maxia, teatro ou calquera actividade escénica. Seleccionaranse 12 actuacións que pasarán á gala final que se celebrará o 11 de xuño en Queixumes dos Pinos.
Nesa final haberá un xurado que avaliarán as actuacións para elixir os tres primeiros postos. Eses tres primeiros terán un trofeo e xestionarase a súa presenza nun programa da TVG. O primeiro dos tres participará en Multiculturas 2017, en Lloret de Mar.