Catro xornadas para o final de tempada e aos conxuntos ourensáns esgotaselle o tempo para acadar os obxectivos marcados. Á Primeira división de fútbol sala quédalle un mes e, tanto Ourense Envialia e Cidade das Burgas, terán que pelexar por uns retos que, a pesar de telos preto, son complicados de conseguir.
O Envialia ten imposible mellorar a quinta posición do ano pasado, xa que está a sete puntos do cuarto (Burela) con 12 puntos por disputarse.
Esta xornada visitan ao Alcorcón de Vane Sotelo e Ana Rivera.
Cidade
O Cidade das Burgas ve como cada xornada alónxase máis a oitava posición, e así, as súas posiblidades de entrar na Copa de España. Contra o Leganés non foi quen de sacar un resultado positivo (perdeu por 7 a 5) e entrar na Copa cada vez está máis complicado. O 4-0 na primeira metade fronte as leganesas converteuse nunha lousa moi grande.
Coa derrota, as de Codeso son décimas con 33 puntos. Na novena posición está o Majadahonda, con 35 puntos; e na oitava o Móstoles con 36. Cos mesmos puntos que as ourensás, atopase o Gironella.
Todo foi indicar que nas catro xornadas que restan para o remate da liga o Cidade loitará con estes tres equipos pola oitava posición; tres deles quedaranse fóra da Copa.
O Cidade das Burgas recibe na casa o sábado 13 de maio -17 horas-, ao Móstoles; rival directo para loitar pola oitava posición. A vitoria o mantería na pugna; unha derrota alonxaría casi definitivamente ás franxiverdes da ansiada cita copeira.