Ourense acollerá, o vindeiro mércores día 17 de maio -día das Letras Galegas- a Copa Xunta de Rugby, unha competición oficial dentro do calendario de actividades da Federación Galega de Rugby. O partido, presentado no salón de plenos do Concello de Ourense, celebrarase nas instalacións do Campus de Ourense, programándose unha competición de máis dez horas de duración –os partidos comezarán ás 10:30 e a Final esta programada para as 20:30 horas– con entrada gratuíta para que asista o maior número de xente posible como público.
Participarán un total de 15 equipos de 13 clubs (o Campus de Ourense e o CRAT da Coruña acudirán con senllas formacións), nove en categoría masculina e seis en feminina, reunindo nas instalacións universitarias máis de 200 deportistas, incluíndo xogadores e adestradores. Os partidos disputaranse na modalidade de rugbi a sete entre equipos con sete xogadores de campo cada un -12 na convocatoria-, en sete minutos por parte -dous partes con cambio de campo-, unha modalidade moito máis dinámica e explosiva que o rugbi a quince. Malia que segue a ser un deporte de enfrontamento, o equipo que mellor logre evadir ao adversario máis posibilidades de vitoria terá.
A estrutura competitiva da Copa, xa sexa masculina ou feminina, disputarase en dúas fases. Unha primeira de grupos e unha segunda de eliminatorias. En categoría masculina fórmanse tres grupo de tres equipos, disputando o título os primeiros clasificados de cada grupo e o mellor segundo. Pola súa banda, en categoría feminina configúranse dous grupos de tres equipos, disputando o título de Copa Xunta os dous mellores equipos de cada grupo.
Prevese que as finais comecen sobre as 20 horas. Xogándose un total de 28 partidos, 17 masculinos e 11 femininos.
Ademais do propio evento deportivo, a federación Galega de Rugbi pretende que a Copa Xunta sirva para difundir o máximo posible non só o evento, senón tamén o propio deporte e poida asistir o público que o desexei ao ser a entrada gratuíta.