A praia de Laxe (A Coruña) acolleu -o sábado 20 de maio- a terceira xornada da Liga galega de salvamento acuático e socorrismo deportivo en augas abertas.
O club ourensán do Salvour desprazouse con cinco participantes. A xornada saldouse con dous primeiros postos -en probas de carreiras con táboa de salvamento e bandeiras- e un terceiro -na carreira con sky de salvamento-.
A júnior Andrea Bello logrou novamente o primeiro posto en bandeiras repetindo o logrado na primeira xornada da Liga. Ademais acadou a cuarta posición en carreira con táboas de salvamento. Silvia Quintela, en categoría xuvenil, foi décimo quinta en bandeiras quedándose, ademais, ás portas da final en carreira con táboa.
En categoría absoluta, Alejandro Lorenzo Gómez debutou na proba de bandeiras quedando de oitavo, mentres que o su compañero Marco Salvadores Acero obtiña a décima posición. Foi en carreira con sky, onde Marco Salvadores lograba subirse ao podio na terceira posición.
Finalmente, a máster -45, Silvia Fernández dominou a carreira con táboa logrando a primeira posición.