O club Deportivo Ourela logrou o primeiro posto no Campionato de Deporte Escolar Xogade de patinaxe artística. O Club Ciclista Maceda continúa de éxito en éxito esta tempada.
En fútbol, a Rexional Preferente queda vista para sentenza esta fin de semana; Ourense C.F. e Arenteiro xoganse un posto en Terceira o ano que vén. O Atlético de Madrid logrou o títula da terceira edición do torneo de fútbol 8 «Ourense, a provincia termal». E na UD Ourense acaba de renovar a Rubén Durán; Diego Soto será o novo coordinador da base.
En fútbol sala, xunto á entrevista a Víctor Sousa, directivo do Sala Ourense, o Cidade das Burgas estase a xogar a súa presenza na próxima edición da Copa de España. Iria Saeta organiza o seu I Campus de fútbol sala no mes de xullo.
En atletismo, o Ourense Termal Athletics Meeting deixou unha gran xornada de atletismo na pista do Campus de Ourense. José A. Requejo foi o mellor no Desafío 42. E este sábado o barrio do Couto acolle unha nova proba do «Correndo por Ourense». Ademais en Xinzo gañaron Pinto e Fernández e na Valenzá, Diz e Ocampo.
O Barrocás loitará polo ascenso á División de Honra B de hoquei herba. O Campus Ourense Rugbi proclamouse campión da Copa Xunta de rugbi 7. O Salvour logrou tres podios nunha nova xornada de salvamento acuático de augas abertas.
Natación, sincronizada, artes marciais, ximnasia, tenis de mesa, e moito máis no número 159 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha