O barrio do Couto acollerá a segunda carreira do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Será este sábado, 27 de maio, en horario nocturno. Son preto de 1.200 os inscritos para esta proba. Ás 22 horas, os pitufos percorrerán uns metros para completar a súa carreira. Ás 22:05 será o turno para os benxamíns e alevíns que terán que completar unha volta para facer 1.200 metros. Ás 22:15 horas os infantís e cadetes darán dúas voltas para completar 2.400 metros.
E finalmente será a partir das 22:30 cando comezarán a súa proba o resto de categorías. Nesta carreira absoluta os participantes deberán dar tres voltas máis a recta de meta para completar 6.100 metros.
A saída e meta de todas as carreiras estará na rúa Dalí. Das seis probas, a do Couto, será única que sexa nocturna e en sábado (o resto será de maña e en domingo).
Líderes
Trala disputa da primeira proba do circuíto (no barrio do Vinteún) a clasificación xeral en categoría absoluta está liderara por Luís Iglesias, en categoría masculia, e Iria Fernández, na feminina.