Celebrarase durante toda esta fin de semana.

Segundo Food Truck no xardín do Posío

A Concellería de Comercio do Concello de Ourense, en colaboración con Producións Litoria e Comecamiños FoodTruck, organiza o 2º Food Truck Festival en Ourense, unha actividade que, tralo exito da público e participación da primeira edición, quere consolidarse coma unha cita ineludible no calendario de actividades da cidade.

Nunha cidade cunha tradición culinaria tan grande como Ourense, este tipo de evento e un foco de turismo que pretende atraer visitantes de fora da nosa cidade, ademais de ser un evento con visos de converterse nun evento clásico na mesma.

A Food Truck terá lugar no Xardín do Posío do venres 26 ó domingo 28 de maio.

Horario
Venres e Sábado de 12:00 a 01:00. Domingo de 12:00 a 00:00

Haberá animación para os máis pequenos e para os maiores, pintacaras, animadores, inchables, sesión vermú e actuacións de noite a cargo dos grupos Soul&Roll, Pop-Eye e Blue Monk.