O pavillón municipal de Oira deu cabida ao Campionato de Galicia de kung fu moderno, disputado o pasado sábado 3 de xuño. O evento foi organizado polo Club Artai e a Federación Galega de Kung fu. No mesmo participaron preto dun cento de deportistas de toda Galicia.
Cada equipo estaba formado por un grupo de 3 a 5 rapaces que realizaban dúas probas puntuables (formas sincronizadas e combates preparados).
La competición estaba dividida en categorías de idades: pre-benxamín, benxamín, infantil, cadete e xuvenil. Ao final do torneo o Artai de Ourense e o Club Penta de Vigo proclamáronse como os mellores do campionato.
Podios
En categoría prebenxamín, o Artai “A Ponte” foi primeiro, seguido de Club Penta e Artai “A Ponte B”. En benxamíns, o Artai “Dr Fleming” foi o vencedor; tras el o Club Penta, segundo, e CEIP Seixalbo, terceiro. O Artai “Dr Fleming” foi o primeiro dos infantís; o Club Penta, segundo; e o Artai “A Ponte”, terceiro. Na categoría cadete, o Club Penta logrou a primeira posición, mentres que o Artai “Dr Fleming” acadou a segunda e o Club Penta B, a terceira. E na categoría xuvenil foi o Club Penta o primeiro; tras el, Artai “Dr Fleming” e Artai “A Ponte”.