As piscinas de Monterrei e de Oira estarán abertas esta fin de semana para os usuarios que desexen refrescarse durante este verano.
Oira
Os ourensáns poderán refrescarse, desde este sábado 10 de xuño, nas piscinas municipais de Oira. Logo dun investimento de 18.000 euros para o seu acondicionamento, as instalacións están aptas para a súa posta en marcha. Entre as novidades que poderán atopar os usuarios está a rampa de acceso á zona de praia fluvial desde o nivel superior para cumprir a normativa de accesibilidade.
Porén, a calidade da auga estará garantida cos máis altos estándares de calidade logo de instalar un analizador continuo que realiza, de forma automática, un tratamento de auga. Desta forma, os niveles de cloro na auga estarán permanentemente regulados e haberá un redutor de PH automático en función dos niveles de cloro.
Así, non só se acondicionou a zona verde, abonándose todo o recinto desde a zona do merendeiro até as piscinas, senón que tamén houbo un rozado minucioso de todos os arbustos. Así mesmo, limpáronse os foxos das piscinas, substituíuse o gresite e realizouse un pintado das zonas comúns e dos vestiarios. No apartado mecánico, revisáronse todas as conexións eléctricas e de válvulas.
Monterrei
As piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei, no concello ourensán de Pereiro de Aguiar, abrirán de novo as súas portas ao público o sábado que vén, día 10. A nova temporada de verán prolongarase ata primeiros de setembro.
O recinto de Monterrei conta con 6 piscinas, incluíndo unha infantil e outra de olas. Durante os últimos meses procedeuse á realización de diferentes traballos de posta a punto despois do inverno, para poñer en marcha o recinto que acolle nos tres meses de apertura unha media de 70.000 persoas cada ano.
O prezo das entradas para acceder ás instalacións acuáticas mantén a tarifa da temporada anterior. Así, a entrada para os maiores de 18 anos custa 2,30 euros e a de menores, 1,30 euros. O acceso para os cativos menores de 4 anos é de balde. Ofrécese tamén a posibilidade de adquirir bonos de 10 entradas que abaratan o acceso ás piscinas cun prezo de 10 e 20 euros, para menores e maiores de idade, respectivamente.
O horario de apertura establécese, como anos anteriores, de 12.00 a 21.00 horas.