A empresa esPublico acaba de situar no seu portal web ao Concello de Verín como “caso de éxito” no referente á implantación, e rápida adaptación do organismo municipal, á administración electrónica. Desde a activación da totalidade de todas as súas funcionalidades o pasado mes de maio, a día de hoxe tramitáronse a través de dita plataforma 38.194 documentos electrónicos, 2992 expedientes e 5715 rexistros. A rapidez na posta en funcionamento da administración electrónica foi posible grazas ao duro traballo e plena colaboración de todo o persoal do Concello de Verín.
A implantación da administración electrónica impulsouse desde o grupo de goberno motivada por diversos motivos. En primeiro lugar, logrouse o cumprimento da lexislación en materia de administración electrónica, poñendo ao día ao concello neste asunto.
Ademais, é unha vía que mellora as comunicacións dos veciños coa administración. Os horarios e cargas laborais dificultan aos cidadáns realizar xestións presencialmente coa administración e grazas á plataforma “Gestiona”, da empresa esPublico, facilitouse este labor.
En canto aos trámites internos, a nova plataforma consegue acelerar os expedientes administrativos, xa que, ata agora, era frecuente que a carga de traballo dos políticos impedise asinar os documentos presencialmente. Na actualidade, e grazas á firma dixital, o alcalde e os concelleiros poden asinar os seus informes e resolucións en calquera momento e lugar, facilitando o traballo do persoal municipal.
Segundo Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde do Concello, Xestiona facilita a colaboración e xestión conxunta de expedientes entre as diferentes unidades administrativas e, como responsable político, permite un control dos documentos que conforman un expediente e o exame do mesmo antes da firma da súa resolución; non só a nivel de goberno, tamén da oposición, nos expedientes competencia de órganos colexiados.
Diego Lourenzo quixo destacou que coa nova plataforma redúcense os custos de papel e de correos grazas á dixitalización de todo o sistema. “Con todo”, indicou, “aínda queda moito por facer para conseguir ser 100 % dixitais, que é a opción de futuro.