Pouco a pouco a Unión Deportiva Ourense vai collendo forma de cara á súa aterrizaxe na Rexional Preferente. Julio Martínez e Oli formarán parte do equipo no curso 2017-18.
O central mostrabase contento pola súa renovación e aseguraba estar «ilusionado» de cara a vindeira tempada. Este será o seu terceiro ano no equipo unionista. O seu novo adestrador, Fernando Currás dicía del que «é un xogador que creceu moito» durante a tempada.
Por outra banda chegou unha nova fichaxe. Outro xogador que provén do Barbadás, nesta ocasión trátase do lateral Oli que chega ao club como todos os que tomaron a decisión de fichar polo equipo do Couto: «con moita ilusión de estar neste equipo». Oli quere que o equipo sexa competitivo e loite polo ascenso. O defense pretende subir o antes posible de categoría: «se subimos nun ano mellor que en dous», comentaba o xogador. Currás na presentación dixo que pretender que se «vexa ao mellor Oli» no Couto.
Con estes xa son 11 os xogadores confirmados para a vindeira tempada. Algún reforzo máis e algunha renovación faltan para completar unha plantilla que quere pelexar polos primeiros posto e, sen ter a obriga dos anos anteriores, tentar ascender á Terceira división.