Praza Maior, xardín do Posío, praza do Ferro e de San Martiño serán os principais escenarios.

Os concertos serán o prato forte das Festas de Ourense

Do 24 de xuño ao 2 de xullo Ourense enchérase de música coa celebración das súas festas patronais. Na praza Maior, xardín do Posío, praza do Ferro e do San Martiño estarán os escenarios, pero haberá outros lugares onde a música tamén se faga oir.

O primeiro día de festas e, unha vez rematado o pregón (a cargo de Sergio Pazos), o primeiro en saír ao escenario ourensán será Iván Ferreiro; ás 22:30 horas a praza Maior agarda ao ex da banda Los Piratas. Ferreiro fará un repaso a súa obra máis coñecida e ao seu último traballo “Casa”.

O domingo 25 serán Los Puntos os que ofrezan o seu concerto na praza Maior (22:30 h). Pepe González-Grano e José Belmonte seguen ao frontes deste grupo que se creou na década dos 60 do século pasado.

O luns 26 chega La edad de oro del pop español (22:30 h praza Maior). Unha banda que fai un repaso dos éxitos nacionais dos anos 80 e 90 do século XX.
Los Diablos actuarán ás 22:30 h do martes 27 na praza Maior.

Ao día seguinte, mércores 28, e de novo no mesmo lugar e mesma hora (praza Maior, 22:30 horas) tócalle o turno a Burning. O grupo madrileño do malogrado Pepe Risi regresa uns anos despois de dar o último concerto en Ourense (no Derrame Rock). O grupo comandado por    Johnny Burning fará un repaso aos seus máis de 40 anos na estrada.

O xoves 29 de xuño, Caxade, Orquestrada e Sonoro Maxín compartirán escenario na praza Maior.
O venres dous concertos de variado estilo. Por unha banda, a praza Maior acolle o concerto de León Benavente; e pola outra, o xardín do Posío recibe ao trío Sweet California a partir das 23 horas. O de Sweet California é o único concerto de pago das festas. A entrada anticipada ten un custe de 5 euros e se incrementa aos 7 se se adquire en taquilla.

O sábado, 1 de xullo, Carlos Jean porá o punto e final aos concertos destas festas na praza Maior ás 22:30 horas.
Os concertos da praza Maior terán un aforo máximo de 3.500 persoas.

Ferro e San Martiño
Ademais, a praza do Ferro e a do San Martiño ofrecen outros concertos alternativos aos que moven máis número de público.
Así, na praza do Ferro actuarán Puma e Pumku (mércores 28); Tractor Troy (xoves 29); Pardo (venres 30) e The Wallas (sábado día 1). Todos estes concertos darán comezo ás 21h.

E na praza do San Martiño -co comezo ás 20 horas) tocarán a Coral de Ruada, con “Toxos e Froles” de Ferrol e “Abertal” da Rúa, o día 25; Cinta adhesiva, o día 26; Tonichi e Pacheco, o 27; Xestreo, o día 28; The Shivas, o 29; Diego Pacheco “Mesteño”, o día 30; e De Vacas, o 1 de xullo.

Outros concertos
E se todo isto non era pouco o sábado 24 na rúa Progreso haberá baile coa orquestra Assia; tralo concerto da praza Maior de Iván Ferreiro. O domingo 25 actuará no parque de San Lázaro (ás 13 horas) a banda de música de Sanginhedo. A orquestra Fórmula amenizará a rúa Progreso a madrugada do 30 de xuño ao día 1 de xullo. O sábado 1 a sesión vermú terá lugar no Bulevar Termal a partir das 12 horas, o mesmo que ao día seguinte. E de madrugada regresa a verbena no Progreso coa orquestra Olympus e ao día seguinte no mesmo lugar pero ás 21 horas, actuación de Combo Dominicano.

Tampouco faltará o Ourense Dance que este ano chega ao seu 20º aniversario. A cita será o sábado día 1 ás 23 horas no Posío.

Ourense Street Foud
Durante todos os días das festas celebrarase na Alameda o Ourense Street Foud. Ademais de poder probar a comida rápida que ofrecerán os camións que participen na actividade tamén se poderá presenciar música en vivo con concertos todos os días a partir das 21 horas.

Enofestival
E se aínda non é dabondo a música, o sábado 1 de xullo nas Burgas celébrase a terceira edición enofestival Ourense. Ás 20 horas producirase a apertura de portas. Os concertos que terán lugar no marco do enofestival son tres: Arizona Baby, The Limboos e Mcarballo Band.