La Molinera organiza o Campamento Tecnolóxico «La Molinera Kids» para que os nenos, nenas e adolescentes de Ourense poidan experimentar coa ciencia e a tecnoloxía de forma divertida. Cada mañá, de luns a venres en horario de 9:30 a 14:00 horas, os nenos, nenas e adolescentes gozarán aprendendo e coñecendo novas ferramentas que lles dotarán de habilidades para desenvolver os seus propios proxectos na área da robótica, programación de videoxogos, drons, hologramas, Cinema 3D ou Minecraft. Os participantes recibiron a visita do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e do concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar.
Os tres obxectivos principais deste campamento son: traballar coa tecnoloxía coma unha materia multidisciplinar, na que os alumnos non só adquiren coñecementos en tecnoloxía e ciencia, senón que tamén desenvolven habilidades creativas e sociais; se unha ferramenta educativa, que o campamento sexa unha aprendizaxe baseada na resolución de problemas aplicado a proxectos reais nos que alumnos e alumnas deberán poñerse na pel dun enxeñeiro disposto a crear unha ferramenta ou a resolver un problema; coa aprendizaxe de materias como a programación, a robótica, o mundo 3D… búscase a motivación polo deseño e a construción de creacións propias.
Nesta edición, o Campamento conta con interesantes novidades na área da Robótica Educativa, con novos materiais e talleres innovadores en formación sobre Tecnoloxía Educativa, así como Drons ou o emprego da realidade aumentada e virtual.