O municipio ourensán acollerá este evento cultural do 10 ao 14 de xullo no seu Auditorio Municipal.

Trinta anos das “Noites Teatrais” de Vilamarín

As “Noites Teatrais” de Vilamarín chegan este ano a súa XXX edición cun programa de actuacións que se desenvolverá do día 10 ao 14 de xullo, ás 22.30 horas, no Auditorio Municipal, con entrada gratuíta.

Programación
A programación comeza o día 10 de xullo co primeiro grupo teatral de Vilamarín que abrirá as “Noites Teatrais” coa obra “Melocotón en almíbar” unha obra chea de humor e comedia. Ao día seguinte, 11 de xullo, sóbese ao escenario a Aula de Teatro Universitario “Maricastaña”- Sarabela, de Ourense coa obra “A última cornixa do mundo”. O mércores, 12 de xullo, será a quenda para “Os vellos non deben de namorarse” a cargo do Teatro do Morcego, de Narón, o clásico de Castelao levado aos tempos actuais. O xoves, 13 de xullo, sairá a escena Malasombra Producións da Estrada coa obra “O caso é ter saúde” e, por último, o venres, 14 de xullo, pechará a programación Contraproducións, de Vedra, coa obra “O tolleito de Inishmaan” que nos últimos premios María Casares recibiu cinco premios.