O Carballiño xa presentou a 55ª edición da súa festa máis internacional, a que pretenden que sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional. O Concello de Verín organiza unha campaña de control de chips dos cans. Tres novos xuíces honorarios conta o Couto Mixto. E Celanova acolleu a sétima edición da «Emoción dos Viños».
Un dos temas do mes son as continuas liortas entre o PP e o goberno municipal de Verín que nesta ocasión trasládanse ao Balneario de Caldeliñas e á contratación de persoal. O segundo tema do mes é a condena de 31 anos para Aniceto Rodríguez polo asasinato da súa muller.
En Verín, «Proteduca» chegou a máis de 1.200 alumnos da comarca. O Concello abriu o período de inscrición das escolas deportivas do próximo curso. O Consello das Pedanías xa se reuniu sendo o primeiro tema tratado a limpeza. Ademais a vila conta con 1.000 prazas de aparcamento disuasorio.
No Carballiño celebrouse a xuntanza anual dos maiores e o Special olympics. O mirador da piscifactoría foi acondicionado cun orzamento duns 60.000 euros. A Feira Medieval «A Liorta» chega a vila do Arenteiro os días 21, 22 e 23. 50 fontes foron limpadas e acondicionadas nos distintos municipios.
Os Blancos pide á Xunta unha reestruturación parcelaria. Protección Civil achégase aos nenos de Xinzo. A formación Xinzo Adiante manda un comunicado en contra da planta asfáltica de Parada. O CDR O Viso recadou alimentos para as familias máis necesitadas.
As Festas de Santa Mariña celébranse do 14 ao 18 de xullo.
O Centro de educación Ambiental O Rexo conta cun inquilino especial: a Marsilea Quadrifolia, extinta na península Ibérica en estado silvestre. Rúas do núcleo urbán de Maceda sofrirán melloras no acceso. Celanova xa ten en marcha a segunda edición do Coworking que durará cinco meses. Os delitos na comarca disminúen. Dúas foron as novelas presentadas neste mes de xullo. Os máis cativos aprenderon a cociñar coa III Celanova Chef.
Deportes, provincia, artigos, ocio e cultura e moito máis, no número de xullo do Barrios.
odos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.