O parque náutico de Castrelo de Miño acollerá a cuarta edición do “Ribeiro Blues Winefestival”, os días 11 e 12 de agosto, para gozar dunha nova maridaxe de música, viño e gastronomía.

Música, viño e gastronomía no IV “Ribeiro Blues Winefestival”

Nesta cuarta edición participarán 24 adegas e colleiteiros de toda a D.O. Ribeiro que ofrecerán os seus mellores viños acompañados polos diferentes postos gastronómicos de street food que estarán presentes no festival. Nesta edición continúa a aposta polos grupos galegos e inclúese no cartel a bandas tributos, a dous grupos internacionais e sesións DJ.

A entrada ao recinto será de balde, pero co obxectivo de poñer en valor o produto, os asistentes poderán adquirir un ticket por un custe de 10 euros para degustar os viños das diferentes adegas participantes”.

Programación
O festival dará comezo o venres, 11 de agosto, coas actuacións de The Soul Jacket, Fatzilla e Greenwater, e o sábado, 12 de agosto, será a quenda para Shirley Davies & The Silverbacks, Los Fabulosos Weekend e Spanish Castle Magic. Ambas xornadas finalizarán cunha sesión Dj a cargo de Peón Kurtz Dj Set.