Na portada facémonos eco da talla e poda de árbores na praza San Marcial que tivo lugar no mes de agosto debido ao mal estado da maioría das árbores. A empresa concesionaria das zonas verdes de Ourense fará un estudo de todas as especies arbóreas da cidade.
Outra das noticias de portada é a recuperación da Feira do Vinteún por parte da Asociación de Veciños Santa Teresita, os comerciantes do Vinteún e a Federación Limiar.
O pacto entre Democracia Ourensana e Partido Popular levará a unha baixada do IBI do 20% a cambio de apoiar ao PP nunha modificación de crédito de 1,6 millóns para Benestar. Ademasi, xa se sabe que Ourense adicará ao alumeado de Nadal máis de 90.000 euros.
A Asociación de Veciños As Termas celebra, con numerosos actos ata final de ano, os 20 anos que se concederon as vivendas de protección oficial do barrio. O subministro de auga mellorará na avenida de Zamora; As obras afectarán puntualmente ao tráfico.
A Xunta de Galicia implantará 24 proxectos innovadores no CHUO, na controvertida ampliación do hospital. Rematada a restauración da porta norte da Catedral de Ourense; agora acometeranse as do sistema eléctrico.
Amigos da Terra, Masa Critica e A.VV. Seixalbo reclaman pasos elevados no proxecto da OU-105. En A Valenzá trabállase na construcción dun mirador e xardín vertical para o parque dos Patos. O Tangaranho Rock terá lugar este sábado.
O 22º Festival de Cine de Ourense xa ten imaxe. Agadic volve a colaborar co certame. Xa se coñece a programación infantil do Auditorio ata final de ano.
Deportes, clasificados, artigos, humor e moito máis no número de agosto do Ourense por Barrios.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.