Do 2 ao 17 de setembro na praza Bispo Cesáreo.

Feira do Libro Antigo e de Ocasión

A praza Bispo Cesáreo de Ourense acolle de novo a Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que terá lugar do 2 ao 17 de setembro e na que participan destacadas librarías de distintas comunidades.

Esta feira xunto coa Feira do Libro actual que se celebrou na nosa cidade o pasado mes de xuño, constitúe unha das citas culturais máis importantes do ano.

Esta cita cos libros que se levan celebrando nas principais ciudades de Galicia nos últimos anos, achegan aos visitantes a oportunidade de atopar unha amplísima oferta en libros de fondo e descatalogados a un prezo moi asequible que constitúen un bo motivo para a lectura, aínda que tamén será posible achegarse a documentos, carteis, gravados, postais, etc… dentro dun variado abanico temático nunha proposta interesante para coleccionistas e publico en xeral interesado na obra gráfica antiga.

En Ourense estarán presentes librerías de gran prestixio nacional e internacional entre as que se atopan, Cajón Desastre de Ponferrada, Al Tossal de Valencia, Quim de Barcelona, Valdezate de Burgos e Marcos Cachuán de Madrid.

Horario
De 10.30 a 14.00 – 17.00 a 21.30 horas.