Continuará coa exposición de plantas carnívoras durante dous meses máis.

O Parque de Montealegre oferta unha vintena de talleres e de actividades ata final de ano

O Concello de Ourense organiza no parque Botánico de Montealegre durante unha vintena de actividades para todos os públicos durante o último cuadrimestre do ano. “Queremos achegarlles aos ourensáns o seu medio natural máis próximo e, ao mesmo tempo, fomentar o Parque coma un espazo ideal para compartir o lecer en familia”, comentaba o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, na presentación das actividades.

As actividades infantís, dirixidas a nenos e nenas de 3 – 4 a 10 anos:
– O tesouro de Montealegre: Mediante a búsca dun tesouro os mais pequenos aprenderán diferentes valores, como son o traballo en equipo, a imaxinación e diversos valores ambientais. Celebrarase o domingo 17 de setembro ás 11:00.
– Samaín: Decora as túas cabazas: O Samaín é unha festa de orixe celta que se trata de recuperar na actualidade. A actividade desenvolverase en duas partes, na primeira prepararanse as típicas cabazas (valeirado, limpeza e mascarada) e na segunda realizaranse unhas máscaras para pintar. Celebrarase o domingo 29 de outubro as 11:00h.
– Magosto: contos de Outono: O Magosto é unha festa de gran tradición popular en Ourense. Para achegar a festa aos máis cativos e descubrirlles as tradicións, os contos populares son moi importantes por iso proponse unha actividade baseada nun conta-contos de Outono. Celebrarase o domingo 12 de novembro ás 11:00..
– Nadal: crea os teus adornos e xoguetes. O Nadal é unha época do ano que adoita gustar moito aos nenos, e con esta actividade queremos darlle unha visión diferente da celebración destas festas. Máis alá de mercar cousas, queremos amosar que mediante a reciclaxe de materiais se poden facer adornos e xoguetes bonitos. Celebrarase o domingo 17 de decembro ás 11:00.

As actividades para adultos programadas para este cuadrimestre son:
– Mindfulness no botánico: Natureza e creatividade. O Mindfullness é unha filosofía de vida que inclúe a práctica da meditación, xunto con outras técnicas de relaxación, co fin de manexar o foco de atención ou atención plena. O parque de Montealegre é un entorno ideal para practicar esta técnica de relaxación. Será o 9 de setembro ás 10:00.
– Paisaxe de familia: O cambio climático na nosa dieta. Con esta actividade preténdese analizar a dieta en diferentes contextos culturais e socio – económicos, ver como esta influe nas emisións difusas de gases de efecto invernadoiro e identificar as altenativas individuais e colectivas para modificar os nosos hábitos asociados ao consumo de alimentos e reducir as nosas emisións de gases de efecto invernadoiro. Celebrarase o 23 de setembro ás 17:30.
– Obradoiro de compostaxe: A través deste obradoiro preténdese sensibilizar á población sobre os residuos que xeramos no día a día e dar a coñecer o proceso de compostaxe como alternativa viable á deposición aos residuos orgánicos xenerados no fogar. Celebrarase o 30 de setembro ás 17:30.
– Ciclo de cine ambiental: Proponse a emisión de películas e documentais de carácter ambiental para crear conciencia entre a población da problemática ambiental actual e poñer en valor o Parque como lugar de encontro cultural. Unha vez rematada a proxección se levará a cabo un foro de debate onde compartir impresións, opinións e reflexiones sobre temas ambientais.

Os títulos que se proxectarán son:
– 7 de outubro ás 16:00: Asolagados: Coa auga ó pescozo.
– 21 de outubro ás 16:00. Manual de uso dunha nave espacial, marcha atrás e liñas discontinuas.
– 4 de novembro ás 16:00. Blood coltan: A débeda oculta.
– 18 de novembro ás 16:00. Green e 2050.
É necesaria a inscrición previa para todas as actividades, infantís e de adultos, na web www.botanicodemontealegre.com e no 988616781 (de luns a xoves de 9 a 14:30).

Plantas carnívoras
Ademais das actividades anunciadas, o Botánico de Montealegre continuará coa exposición de plantas carnívoras, que se ampliará durante os meses de setembro e outubro debido á gran acollida de público.