Os catro equipos ourensáns que militan na Terceira división de fútbol fixeron pleno na terceira xornada ao vencer nos seus respectivos encontros.
O Barbadás soupo defender durante máis dunha hora o gol de Cabanyes no minuto 17 ante o Vilalbés. Esta vitoria supón a segunda como local para os de Moisés Pereiro, o que fai que conten cos seis puntos no seu casilleiro dos diputados nos Carrís; os azulóns son sétimos con eses seis puntos.
Xusto debaixo, na oitava praza, está o Ourense Club de Fútbol. Os de Fran Justo non coñecen a derrota nestas tres primeiras xornadas: dous empates e unha vitoria para sumar cinco puntos. Na última xornada un gran Ourense C.F. logrou golear ao Noia por un gol a cinco. Martín Lamelas, por partida dobre, e un “hat trick” de Edu Otero foron os goleadores.
Barco e Arenteiro
E os outros dous conxuntos ourensáns lograron a primeira vitoria da tempada esta xornada. O Barco adiantouse no inicio do encontro -Mitogo no minuto 3- e defendeuse para acadar os tres puntos diante do Choco. Sumado ao empate da primeira xornada os de Javi Re y suman catro puntos e colócanse na décima posición.
Tanto Barco coma Arenteiro soamente contan cos puntos de dúas xornadas, xa que na segunda, no derbi que os enfrontaba, o partido suspendeuse pola saraiba caída en Espiñedo.
Tres puntos son os que ten o conxunto do Carballiño logo de dobregar a domicilio ao Céltiga. O equipo adestrado por Manel Vázquez tivo que sufrir ata o final para sacar adiante un partido que tiña de cara ata os 10 últimos minutos. Borja adiantaba aos ourensás ao filo do descanso e Igor poñía terra de por media ao cuarto de hora da rea- nudación (0-2). Quince minutos tolos fixeron que os locais empataran a falta de tres minutos. Cando parecía que se ían a repartir os puntos, Carlos de Dios logrou, a falta dun minuto para o final, o gol do triunfo.
Vindeira xornada
Para esta xornada, a número catro, o Ourense C.F. recibe na casa ao líder, Bergantiños. O Arenteiro agarda en Espiñedo ao Arousa, décimo cuarto; o Barco visita ao Silva, sexto; e o Barbadás fai o propio co décimo noveno, Boiro.
Os 20 minutos que restan do Arenteiro – Barco disputaranse o mércores, 13 de setembro, a partir das 20:30 horas.