No ciclo proxectaranse longametraxes, documentais e curtas, todos de marcado carácter social para reflectir a situación actual do mundo árabe e afondar na súa cultura.
O programa do ciclo comeza o mércores 13 de setembro, ás 21.00 horas, coa proxección da curtametraxe de co-produción palestina, francesa e alemá “Ave María”, de Basil Khalil, para, de seguido, ás 21.15 horas, presentar a longametraxe “3.000 noches”, de Mai Masri, co-produción de Plastina, Francia, Xordania, Líbano, Emiratos Árabes e Catar.
O bde setembro, ás 19.00 horas será a quenda para o documental “Nearby Sky” de Nujoom Alghanem e, ás 21.00 horas, proxectarase a ficción “Barakah meets Barakah” de Mahmoud Sabbagh.
Ao día seguinte, o 15 de setembro, ás 19.00 horas, emitirase o documental “After Spring” de Ellen Martínez e Steph Ching, e continuará a programación ás 21.00 horas coa ficción “10 años y divorciada” de Khadija Al-Salami.
Por último, o sábado, 16 de setembro, ás 21.00 horas, pechará a mostra a ficción “Las aventuras del príncipe Achmed” de Lotte Reiniger, a película de animación máis antiga da historia.
Amal, que significa “esperanza” en árabe, da nome a un ciclo de cine que resume a última edición da Semana de Cine Euroárabe Amal co obxectivo destas proxeccións é achegar a realidade complexa e poliédrica da muller no mundo árabe desde unha perspectiva social, cultural e política.
O último día do ciclo a proxección contará con música en directo, e a programación contará tamén cunha curta nominada aos Oscar en 2016 á Mellor curtametraxe de ficción.