O venres 15 ás 21:00 horas no Auditorio de Ourense.

Sarabela estrea ‘O Rei morre’, de Ionesco

Sarabela Teatro estrea, este venres 15 no Auditorio Municipal desde as 21:00 horas, a súa última obra: O Rei morre, unha versión libre do texto orixinal de Eugene Ionesco que conta coa dirección de Ana Vallés. A dramaturga, que define a obra coma “unha metáfora do tirano que se aferra ao poder”.

O Rei morre está dirixida por Ana Vallés, directora de teatro e actriz, cofundadora de Matarile Teatro e que, entre outros, ten galardóns coma o premio de honra ABRENTE da mostra internacional de teatro de Ribadavia (MIT). Na parte interpretativa están o elenco composto por Fonso Míguez, Fina Calleja, Sabela Gago, Nate Borrajo e Fernando Dacosta.

Pases
A estrea de O Rei morre será este venres ás 21:00 horas no Auditorio de Ourense (entradas á venda en ataquilla.com e na propia billeteira dúas horas antes da función, que se repetirá o sábado 16 e o domingo 17 en horario de 20:30 horas. Sarabela volverá ás táboas con O Rei morre os vindeiros 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.