A praza Maior de Ourense será o escenario polo que pasarán, este domingo 17 desde as 20:30 horas -con acceso libre e gratuíto-, 5.000 anos de historia de Cultura Atlántica da man do musical Keltia. 35 actores, 8 músicos sobre o escenario acompañando en directo a representación e un grupo de gaiteiros son os vimbios cos que o musical pechará a súa xira por Galicia, desta vez cunha alusión moi importante á nosa cidade: “As augas termais de Ourense devolveranlle a vida aos galaicos mortos a mans dos romanos”, adiantaba Andrea Pousa, quen se converterá na deusa Eiré durante a representación.
O espectáculo non se cinguirá exclusivamente ao escenario da praza Maior. Haberá tropas romanas desfilando pola cidade nos momentos previos a Keltia, recreando acontecementos que ocorreron no ano 60 a.C. Na batalla do Monte Medulio. A fin última deste espectáculo é conxugar lecer e cultura a través dunha calidade escénica, poesía artística, e música tradicional fusionada con outros recursos expresionistas presentes e vivos na chamada cultura atlántica.