Por iso, realizarán unha serie de actividades que comezan este sábado, 16 de setembro, e se prolongan ata final de ano.
Pasaron xa 20 anos dende que se entregaran ás chaves das 256 Vivendas de Protección oficial situadas xunto a Estación de Autobuses da cidade, motivo polo cal dende a Asociación Veciñal As Termas se elaborou unha programación de actividades especial para por en valor os 20 anos de convivencia no barrio.
Unha programación de actividades distinta ás habituais que ten dous obxectivos principais; por unha banda a posta en valor do traballo feito polas veciñas e veciños en prol da convivencia e a mellora do barrio pondo en valor o conseguido na zona coa participación activa da veciñanza. Para elo esta previsto que a programación de actividades comeza mañá sábado 16 ás 12h na Praza 200 con un acto de Homenaxe a Convivencia e a Participación Veciñal e unha exposición de fotos.
Por outra banda outro dos obxectivos desta programación e o impulso na dinamización da vida social e cultural do barrio achegando a veciñanza do mesmo actividades propostas por eles. Exemplo de elo é a firme vontade de fortalecer a colaboración con outras entidades da cidade como xa se ten realizado nos ultimos tempos por parte da Asociación Veciñal As Termas. Entre as colaboracións previstas están dende outras Asociacións Veciñais da cidade, Asociacións culturais e entidades sen ánimo de lucro dentro do ámbito da intervención social.
A programación de actividades foi elaborada con propostas que achegaron a propia veciñanza nas Asambleas que a AV As Termas ven realizando nos últimos tempos, exemplo delo son actividades como “Tardes de Lecer no Barrio” que consistirá en actividades lúdicas para dinamizar a convivencia entre as veciñas e vecinos, ata “Barrio activo e Saúdable” obradoiros participativos e interxeracionais para fomentar hábitos de vida saúdable nas veciñas do barrio que se prolongarán nestes 4 meses.
No mes de outubro comezarán as actividades diaria que de luns a xoves ofertaran as veciñas e vecinos entre as que destacan: corte e confección, ioga, pilates, encaixe de bolillos, obradoiros de memoria e estimulación cognitiva.Mención a parte merecen as actividades de apoio a menores que realiza Cruz Vermella no Barrio dende hai 20 anos.
O sábado 21 de outubro realizarase a actividade “Palillando entre Barrios” una xornada de convivencia entre distintas asociación veciñais da cidade para compartir experiencias entorno ao encaixe de bolillos, una labor tradicional das máis demandadas dentros dos cursos do movemento vecinal.
Os día 27, 28 e 29 realizarase por primeira vez no barrio una Exposición de sellos e moedas gracias a colaboración coa Sociedad Filatélica e Numismatica Miño acompañada da presentación dun sello oficial que editará Correos conmemorativo dos 20 anos de convivencia.
En novembro ademáis do tradicional “Magosto Veciñal” impulsarase novamente dende a Asociación Veciñal As Termas unha campaña de concienciación e reivindicación da loita contra a violencia machista.
En decembro, ademáis de continuar coas actividades de dinamización realizarase unha Asamblea Veciñal na que debatir as necesidades do barrio e rematará a programación con un concertó de nadal.