Volodymyr Orlov e Alberto Maura reforzan os adestramento.

Ahonen e Rodríguez, presentados

Semana que remata con dúas presentacións máis. Trátase de Martín Rodríguez, único xogador que continúa do ano pasado, e Roope Ahonen, chamado a liderar o proxecto.

O base segue co seu período de formación aínda que o ser un dos tres únicos xogadores da plantilla que saben o que é xogar nesta Liga o fan ser a un dos que lle preguntan os novos como é a competición. Rodríguez promete traballo e seguir mellorando como xogador.

Pola súa banda, Roope Ahonen chega da liga grega, polo que sabe o que é competir ao máximo nivel. O seu adestrador, Gonzalo García de Vitoria o deixou ben claro: vén a ser un dos líderes deste COB. E o xogador non rehúe a responsabilidade «síntome coma un dos líderes, teño experiencia».

Os dous coincidiron nos progresos que está tendo a plantilla en cada adestramento, ademais da ambición da cada xogador.

Orlov e Maura
Volodymyr Orlov, xogador ucraniano con pasaporte español está de proba no club. Orlov deberá convencer ao técnico para que finalmente forme parte do equipo deste ano. Alberto Maura, despois dunha grave lesión chegou a Ourense para reforzar os adestramentos.

Partidos
E xa comezan os partidos. Esta fin de semana dous en Lugo e o martes, en Ourense.

Este sábado, xogan diante de Coruña a a partir das 19 horas no pavillón universitario de Lugo. O mesmo escenario ao día seguinte, domingo, ás 18 horas pero contra o Breogán.

O martes, reciben ao Cambados a partir das 20 horas no pavillón dos Remedios.