O concello de Castrelo de Miño acaba de recibir unha nova subvención do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) da Consellería de Economia, por importe de 7.387,50 euros dentro da liña de axudas para proxectos de eficiencia enerxética. Con esta axuda realizase a instalación dun sistema de calefacción con bomba de calor para o novo ximnasio do pavillón municipal.
Unha mellora que estará finalizada no mes de outubro e que satisfai unha das demandas dos usuarios e usuarias das escolas deportivas que comezarán o vindeiro mes, xa que foi unha das súas solicitudes do pasado ano.
No ximnasio e no pavillón municipal de Castrelo de Miño, o concello organiza as escolas deportivas durante todo o ano. Hai aulas diarias de ximnasia de mantemento, con varios grupos segundo a idade dos usuarios. Tamén teñen lugar as escolas infantís do programa XOGADE e as actividades deportivas extraescolares, futsal, basket, brilé, badminton…
O ximnasio tamén conta cunha sala de maquinas de musculación, bicicletas estáticas, cintas de andar, ximnasia xeriátrica…
Coa instalación deste novo sistema de calefacción de alta eficiencia enerxética, o concello satisfai a solicitude presentada polos usuarios e facilita a realización das escolas deportivas nun mellor entorno térmico.