A Unión Deportiva Ourense tivo que remontar para lograr a vitoria diante do Beluso. A pesar de que a posesión do balón era dos ourensanistas, foi o Beluso o que lograba adiantarse no marcador; un erro de Julio Martínez -que ata entón (e despois) estivera correctísimo)- condeaba ao equipo.
Con ese marcador remataría a primeira metade. Nada máis comezar o segundo tempo, un saque de esquina botado por Alfredo entraría na portaría despois de visitar os dos paos. Empate que facía xustiza co esforzo dos de Currás.
Os unionistas adiantarían liñas para buscar a remontada. Esta chegaría con outro gol de Alfredo, que desde o flanco dereito batía ao porteiro visitante de tiro cruzado.
A partir dese momento, e con máis espazos, os locais tiveron as ocasións máis claras nas testas de Hugo e despois Adrián (que entraba polo primeiro) e nas botas de Alfredo. Tantas ocasións marradas presaxiaban que o Beluso tería as súas oportunidades de empatar. Nos intres finais estiveron a piques de empatar en dúas accións. O marcador non se movería.
Con estos tres puntos a UD Ourense suma 12, con catro vitorias consevutivas. A vindeira xornada visitan ao Alertanavia.
Resto de Ourense
No resto de encontros que disputaban os equipos ourensáns, o Bande venceu por 2-4 ao Gondomar e continúa invito na competición con 15 puntos e líder en solitario. Pola contra, o Nogueira perdeu diante do Estradense (2-0) e o Ribeiro ante o Moaña por 4 a 3.
Na vindeira xornada o Bande recibe ao Moaña, o Nogueira ao Gondomar e o Ribeiro a Mondariz.