O número de setembro do Ourense por Barrios continúa co debate sobre o estado das árbores da cidade. Tamén destaca a celebración dos 20 anos desde que se deron as vivendas da praza 200. As obras da avenida Otero Pedrayo darán comezo a principios do ano 2018.
Dúas son as entrevistas destacadas deste mes. Ángel Gómez, presidente da A.VV. As Termas que nos fala das actividades que se realizarán ata final de ano. Selena Gómez fálanos da súa paixón pola música e a súa intervención da sección «Recantos» do programa da TVG Luar.
O PSOE pide información sobre o estado do proxecto do novo centro de discapacitados CAPD. Despois de seis meses coa nova directiva, a Asociación de Veciños do Peliquín estreou local social na rúa Río Covas, nº14. As asociacións de Santa Ana do Pino e As Termas reúnense na procura de accións conxuntas.
Un convenio entre Xunta e Concello permitirá a restauración e limpeza das Burgas de Abaixo. OueC, en contra do aumento de recursos para os partidos do Concello.
En Barbadás creáse o primeiro museo da gaita de fole en Galicia. O concurso ‘Barbadás a Bocados’ tivo un enorme éxito nesta segunda edición. Instálase a decepción entre os usuarios do transporte urbano.
Concello e CHMS traballan para o saneamento do Barbaña e Miño. O Concello amplía os cursos da Universidade Popular.
Nas páxinas centrais realizamos un especial celebracións (vodas, bautizos, comuñóns e todo tivo de eventos, para unha xornada inesquecible).
Trinta lumes abre o Festival de Cine de Ourense que terá lugar do 20 ao 27 de outubro. Antes chegará o FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense), do 5 ao día 15.
Deportes, colaboracións, empresas, clasificados e moito máis no número de setembro do Ourense por Barrios.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.