Tamén na portada sacamos a cita do «Correndo por Ourense» no barrio da Ponte. Alí, Rubén Diz proclamouse campión do circuíto, e Ana Ocampo a vencedora desta cita loitará polo título con Iria Fernández na derradeira proba: a da Carballeira.
O «Pulpo Extreme» encandilou a todos os presentes nas probas disputadas en Oira. No III Desafío Otero e Blanco foron os vencedores. Na Campionato de Galicia de enganche, Díaz e Hermida lograron meterse na final.
En fútbol, na Terceira división, o Ourense Club de Fútbol e o Barco sitúanse na zona alta da táboa. Mentres Arenteiro e Barbadás están na zona media baixa da clasificación. Na Rexional Preferente, o Bande suma todos os puntos disputados ata o de agora o que o colocan coma líder. Na terceira posición anda a UD Ourense. Nogueira e Ribeiro están fóra da zona de descenso.
O sala Ourense sufriu a súa primeira derrota na Liga ante o Santa Isabel. Na Primeira división o Cidade agarda ao Roldán e o Envialia visita ao Majadahonda. A xogadora Luci foi convocada coa selección española para disputar dous amigables contra Portugal.
Tenis de mesa, rugbi, andainas, motor, voleibol, e moito máis, no número 166 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha