Concello de Ourense e Asociación Cultural Praza do Correxidor convocan, este sábado, 14 de outubro o Entroido de Verán 2017, que se celebrará polas rúas do Casco Vello da cidade ás 21:00 horas.
Para animar á participación, a Concellería de Cultura convoca un concurso que premiará os mellores disfraces individuais e de grupo que participen no Entroido aberto a grupos, parellas, e tamén persoas a título individual, que desexen acudir ao desfile.
Ata 9 solicitudes se presentaron na área de Cultura para participar no desfile, que sairá ás 21:00 horas da praza Maior, e percorrerá a rúa Lamas Carvajal, Praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, praza do Ferro, rúa dos Fornos, para rematar na praza do Correxidor. A entrega de premios será á 01:00h nesta última praza.
Un xurado formado por 5 integrantes elixirá a gañadores e gañadoras tendo en conta a orixinalidade, a chispa diante do público, o vestiario, a maquillaxe, a caracterización e a creatividade. Haberá premios nas categorías:
– Individual: Primeiro 150 euros, Segundo 100 euros, Terceiro 50 euros e 5 accesits de 30 euros
– Parellas: Primeiro 150 euros, Segundo 100 euros e Terceiro 50 euros
– Grupos (máis de 4 persoas): Primeiro 300 euros, Segundo 200 euros e Terceiro 100 euros
– Especial á mellor foto colgada no Facebook “Entroido de verán en Ourense”: 75 euros.