Gayo toma as rendas, por segundo ano consecutivo do OUFF. Despois do primeiro ano no que quixo marcar un rumbo distinto do festival, nesta edición toca asentalo.
Edición ambiciosa a deste ano?
Fran Gayo: “Ambiciosa foi a do ano pasado. Montamos un festival en catro meses (non sei se fora ambición ou temeridade), e este ano si que hai unhas pretensións. As actividades que saen das salas de cine implican a moitisima xente e a coordinación é moito máis complicada; pero tampouco se pode facer programación externa ás salas de cine e que se perda o foco do festival. Si que nos parecía importante que existira unha coherencia á proposta de contido pero que non se limitase ás proxección dentro das salas.
Nese senso si que é moi ambicioso e polo outro carón hai que ter sempre unha certa modestia”.
Queredes atraer a público novo. con estas iniciativas, ese é o camiño?
F.G.: “Temos que ir afinando, por que é a besta negra da xestión cultural agora mesmo, como chegar á xente máis nova. Nós non teremos en dous meses a solución por que senón a patentamos e quereránola mercar en calqueira parte do mundo. Para min, hai demasiada insitencia en que se pode chegar aos mozos pola vía académica; a vía académica é unha pero non chegas á concepción de ocio deles. E o tema non é o que fan cando están na universidade ou en actividades extraescolares. O tema é que fan co ocio, co tempo libre, e se confían en ti para adicarte unhas horas do seu tempo que en circunstancias normais adicarían a outra cousa. Isa é a chave e é no que temos que seguir reflexionando”.
É importante captar a xente que no seu tempo libre goce do cine e que tamén o adiquen a facer cine.
F.G.: “Obviamente o paso previo é que no tempo libre vexan películas e se den conta que queren ir máis aló do visionado e que teñen algo que dicir ou sinten a necesidade de facer unha película ou unha curtametraxe. O problema é que temos que pelexar contra esa especie de anquilosamento, pero non so nisto, todos os actores culturais que hai agora mesmo, xente que organiza calquera tipo de actividade cultural”.
Para rematar. Que nos agarda neste festival dentro das salas?
F.G.: “Hai unha proposta moi persoal do cine iberoamericano que a nós nos interesa, que vai máis aló a veces desde unha perspectiva máis culpabilizada do que é latinoamérica. Parece que a veces sempre se define cunha serie de clichés como o prostitución, o narcotráfico, a guerrilla, os malos tratos. Intentamos ir máis aló diso e sempre a películas que teñan outras propostas. Hai moitas variantes”.