A xornada presentada pola organización deste Samaín, que terá lugar o día 31 de outubro a partires das 18 horas na praza Maior da Vila de Xinzo, presenta unha ampla programación participativa e dinámica non só encamiñada os nenos e nenas do Concello de Xinzo se non que tamén atenderá as demandas da poboación máis adulta da localidade.
Entre as iniciativas que se poden destacar nesta xornada falamos de Obradoiros participativos para os máis cativos, como elaboración de Cabazas, traxes e pintura facial de Samaín e Comida terrorífica, un concurso de Postais Terroríficas ou exhibicións, tanto de teatro, musica, malabares ou música. Destaca o Concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, un premio especial para o obradoiro de Cabazas, dunha tablet a mellor cabaza, fomentando así a participación e a accesibilidade as novas tecnoloxías ós máis cativos.
Como puxo de manifesto o propio Concelleiro de Cultura tamén: “Esta festa serve non só para poñer en valor esta tradición, propia do noso pobo, se non tamén unir dalgún xeito a sociedade Limiá” co que se está traballando para que ANPAS, escolas de danza e outras asociacións como a recen incorporada no mundo asociativo, Pro Limia, teñan o seu lugar dentro da celebración.
Iván Prado Rodríguez, en nome das asociacións colaboradoras destaca o traballo de todas as entidades que se sumaron a proposta, ponde de releve a súa axuda para facer posible esta data. Gracias as ANPAS, desenrolarase dentro da xornada unha Chocolatada popular onde os pais e nais dos nenos que participen no evento sumaran a súa colaboración para que sexa posible, as Escolas de Baile como “Danzón” ou Fitness Fusion” están a traballar nunhas actividades e exhibicións para o evento ou a A.C. “Aneis” proporcionará o traballo dun Conta-contos para ese día.
Teresa, presidenta da A. «Pro Limia”, presentou unha campaña promocional de Samaín onde terá cabida iniciativas como unha ruta de “Truco ou Trato “cun sorteo final dunha cena para os nenos e nenas participantes, un concurso de escaparatismo ou de interiores ou un concurso gastronómico de tapas de Samaín. Todo isto, apunta Teresa “para demostras que hai unión de empresas e dalgún modo promocionar esas mesmas empresas que colaboran na campaña».
Como colofón da presentación tomou a palabra o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Perez, recalcando “A gran sorte que ten o noso concello de contar con xente que é capaz de unirse para levar a cabo actividades como a que se esta presentando” dicindo que” se non se participa na vida do pobo, non somo capaces de construíla”. O edil puxo de manifesto a importancia da participación de toda as asociacións convocadas expondo que “ oxalá noutras cousas houbera tanta unión”.