Superan xa os 5.000 inscritos.

A bo ritmo as inscricións na San Martiño

O domingo, 19 de novembro, vovlerá a ser unha xornada de éxito no deporte ourensán. Ese día, as rúas da cidade acollen a 41ª edición da carreira popular do San Martiño, emblema da cidade das Burgas e decana das probas populares de Galicia.

Nesta ocasión as expectativas, case seguro, que volverán cumplirse e moi posiblemente supérense os 10.000 inscritos entre as tres probas que se disputarán.

As inscricións pódense facer efectivas na plataforma championchipnorte.com están abertas ata o vindeiro, 12 de novembro. Para as categorías de cativos e escolares é de balde, habendo que pagar 7 euros na proba absoluta.

Premios
Os cinco primeiros clasificados na carreira absoluta -tanto en categoría masculina como feminina- terán un premio, ademais de trofeo en metálico. Así, os primeiros (home e muller) levaranse 1.000 euros; os segundos, 700 euros; os terceiros, 500 euros; os cuartos, 300; e os quintos, 200.
Para os corredores locais haberá premio aos tres primeiros. Os primeiros, 200 euros; os segundos, 150 euros; e os terceiro, 100, ademais dos seus respectivos trofeo.

Haberá un premio especial para o máis rápido no ecuador da proba. O atleta que chegue primeiro -e remate a carreira- ao quilómetro 5 terá un premio de 300 euros (premio Caixabank) na categoría masculina e feminina.

Ademais hai un premio de 500 euros para o que logre batir o récord da proba (en homes está en 28:49 minutos, e en mulleres en 32:45, ambos acadados na edición de 2010).

Recollida de dorsais
Este ano a recollida de dorsais cambia de ubicación. Pasa do pavillón municipal dos Remedios ao Expourense. Este cambio débese a que este ano o recinto feiral acolle o I Salón de Turismo activo e deporte «Sportur».

Ademais, no marco desta feira entregaranse os premios do circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense» que vén de rematar o pasado mes de outubro.