Estímase que o presencien 10.000 afeccionados.

51 participantes no Ralimix de Barbadás

Esta fin de semana medio de participantes competirán na cuarta edición do ralimix de Barbadás. O RallyMix prevé a participación de vehículos de montaña, de autocross, quad biplazas e carcross. O treito terá unha lonxitude mínima de 6 quilómetros e máxima de 12 quilómetros. O RaliMix de Barbadás é unha proba puntuable para o Campionato de Galicia. Está financiado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, o Concello de Barbadás e o Inorde, entre outros.

 

O sábado 4 de novembro desenrolaranse 3 probas: ás 12:30 horas, ás 15:30 e ás 5 e media da tarde. O domingo a primeira proba será ás 10 da mañá e a última ás 12 do mediodía.
As diferentes probas desenrolaranse nas rúas Cimadevila, Carreira, Camiño de Sobrado, Camiño da Moura de arriba, rúa Rosales e avenida de Celanova.

Peches ao tráfico
As rúas Cimadevila, Rosales e Carreira estarán pechadas ao tráfico dende o venres a medianoite ata o domingo ás 15:00 horas pola ubicación neste tramo do parque de traballo do RallyMix.
A avenida de Celanova terá o tráfico restrinxido dende o cruce da estrada de OU-518 dirección Moreiras dende o venres ás 24 horas ata o domingo ás 15:00 horas. Só terán acceso condicionado os vecinos que residan na zona e a organización do RallyMix.