A exposición pode visitarte no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense ata o día 19 de novembro.
O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolle a mostra fotográfica “Esto no es un selfie” de Adolfo Domínguez, composta de 100 autorretratos creativos seleccionados entre persoas anónimas que participaron na campaña de autorretratos desenvolvida pola firma ourensá durante este outono.
A mostra foi presentada no Centro Cultural e contou no acto coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, quen destacou a traxectoria empresarial de Adolfo Domínguez e fixo especial mención á importancia da colaboración entre a administración e as empresas privadas, especialmente no eido da creación e da cultura. Doval estivo acompañado polo director do Centro Cultural, Francisco González, e polo director de Comunicación de Adolfo Domínguez, Mario Ávila.
As fotografías que compoñen a mostra foron seleccionadas de entre os autorretratos que se presentaron ao concurso #estonoesunselfie promovido por Adolfo Domínguez para achegar ás redes sociais a persoas amosando seu verdadeiro ser. Ademais, na exposición hai tamén autorretratos de rostros coñecidos como os dos actores Luís Tosar ou Inma Cuesta.