A outra noticia da portada é carreira popular do San Martiño. E é que Ourense xa se prepara para a gran cita deportiva do ano, a decana das populares galegas cumple 41 anos e xa se está aproximando aos 10.000 inscritos.
En hípica, Coles proclámase gañador da Liga Interclubs da zona sureste nunha gran xornada celebrada en Vilamarín.
En baloncesto, o Carmelitas busca asentarse na Primeira División nacional. Outro equipo que quere consolidarse en Primeira nacional, pero de voleibol, é o Hemisferios Ribeira Sacra, que tivo un inicio de tempada esperanzador.
En fútbol, facemos un repaso da Terceira división e a Rexional Preferente cos equipos ourensáns como protagonistas. O Barbadás destituiu a Moisés Pereiro polos malos resultados; Barco, Arenteiro e Ourense CF están acomodados na zona media da táboa.
Na Preferente o duelo ourensán entre Bande e UD Ourense decantouse do lado dos unionistas que escalan ata a segunda posición, mentres que os da Baixa Limia caen á cuarta. Nogueira e Ribeiro están en postos de descenso.
En fútbol sala, o Sala Ourense é líder na Terceira división. Na Primeira, unha serie de malos resultados fixo que o Ourense Envialia se desenganchara das primeiras posicións, mentres que o Cidade das Burgas non da levantado o voo e está sumido no pozo cun só punto.
En xadrez, Iván Salgado foi 13º con España no Campionato de Europa de seleccións. En Expourense celebrouse o X Festival de xadrez cunha numerosísima participación, e dous ourensáns proclamáronse campións do circuíto galego: Xacobe Conde, en S-12, e César Pérez, en S-14.
As benxamíns do Escola Pavillón de ximnasia proclámanse campioas galegas. O Club Ximnasia Pavillón logra tres medallas no Campionato de Galicia de conxuntos de nivel absoluto.
A Liga de judo «Trofeo Cidade de Ourense» celebra o día 18 o playoff polos títulos de Primeira e Segunda masculina e o de Primeira feminina.
Balonmán, taekwondo, fútbol gaélico, boxeo, e moito máis no número 168 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha