Na portada destacamos a chegada do Nadal coas innumerables actividades para os máis cativos en toda a provincia.
Tamén sacamos en portada a nova e pioneira ITV do Carballiño. No Festival Internacional de Curtas de Verín, «Buenos días, España» foi a vencedora.
O Partido Popular de Verín ve irregularidades na licenza de apertura dun club de alterne. O parque de Fontenova, máis próximo. E o concello adicará un millón de euros ao pago a proveedores.
No Carballiño e comarca, a mancomunidade reforza a loita contra incendios. O concello únese a campaña de reciclaxe “O que se enchufa, recíclase”. No Irixo están con melloras na seguridade das estradas.
En Xinzo clausuran o ano adicado a Carlos Casares e Os Bolechas farán acto de presenza pola vila estas datas. O conselleiro de Economía visita Prolimia, mentres que a Xunta comprométese a facer unha xornada sobre seguros agrarios. Xa se coñece parte da programación e o cartel do Entroido.
Celanova acolle unha exposición sobre a lingua esperanto. Clausurouse o II coworking con 19 novos proxectos. O Consello das Comunidades Galegas tivo un acto na vila de San Rosendo.
Allariz quere continuar coas escavacións en Armea. Xa se coñecen os xardíns que estarán presentes no FIXA 2018 co erotismo como temática. Subastaranse tres parcelas no polígono de Chorente.
Deporte, provincia, ocio e cultura, colaboradores, e máis no derradeiro número de Barrios neste 2017.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.